Fraga, Beatriz (1967-)
Lica / Beatriz Fraga - 1ª ed. - Vigo : Euseino? , 2017 - [39] p. : principalmente il. cor ; 29 cm - (Rúa do Lagarto ; v.2) (Onocrótalo) .
A historia de Lica está contada empregando recursos plásticos coma as cores básicas, as liñas e as figuras xeométricas elementais. Con sinxeleza de páxina e recursos textuais directos, a autora sérvese da sorpresa e a admiración perante a arte para provocar a reflexión, estimular o pensamento e o pracer dos sentidos.
Cun orixinal fondo de páxina negro sobre o que destacan as cores, as súas ilustracións están inspiradas na arte abstracta para, nunha composición dinámica, salientar as formas, as liñas e os puntos co mesmo senso lúdico e táctil dos móbiles do escultor Alexander Calder. Coma se dunha adiviña feita de imaxes se tratase, o libro convida a descubrir figuras que recrean o mundo a través dos seus elementos básicos, axudando a afastarse dos estereotipos asociados ás cores para observar dunha maneira diferente o que nos rodea.
Páxina a páxina, nun xogo con quen le, a personaxe protagonista adquire movemento a través da combinación das formas. O aspecto lúdico dos móbiles do escultor Alexander Calder, con figuras suspendidas en arames que se balancean co vento, e os cadros de Kazimir Malevich, nos que as cores básicas dan forma ao mundo, serven de inspiración para a creación destas ilustracións. Un libro que combina os elementos iconográficos e textuais cunha carga visual que enfatiza o valor da descuberta e a capacidade de abstracción.
Libro para todas as idades, incluídos primeiros lectores, Lica inicia a Serie Onocrótalo, concibida para achegar a arte contemporánea a un lectorado que, non necesariamente familiarizado coas linguaxes artísticas, gusta das formas, das cores e da maneira en que se relacionan. A serie publicará álbumes ilustrados concibidos por pintoras, artistas plásticos, escritoras e pensadores. Libros que, coma obxectos encontrados, espilen o pensamento e o pracer dos sentidos.
4º-5º-6º Educación Infantil 1º-2º Primaria
9788494562150
Adiviñas - --Contos
Creatividade
Adivinanzas - --Cuentos
087.5:82