Follett, Ken

La caída de los gigantes / Ken Follett - 1ª ed. en Debolsillo - Barcelona : Debolsillo , 2011 - 1024 p. ; 22 cm - The Century .

Unha gran novela que narra as vidas de cinco familias: unha americana, unha galesa, unha inglesa, unha alemá e unha rusa, co transfondo da Primeira Guerra Mundial, a Revolución Rusa e os profundos cambios sociais que estas conlevaron.

Primeiro volume da triloxía «The Century»

A historia empeza en 1911, o día da coroación do rei Jorge V na abadía de Westminster. O destino dos Williams, unha familia mineira de Gales, está unido polo amor e a inimizade ao dos Fitzherbert, aristócratas e propietarios das minas. Lady Maud Fitzherbert namorarase de Walter von Ulrich, un novo espía na embaixada alemá en Londres. As súas vidas entrelazaranse coa dun asesor progresista do presidente de Estados Unidos, Woodrow Wilson, e a de dous irmáns rusos aos que a guerra e a revolución lles arrebatou o seu soño de buscar fortuna en América.

Desde Washington ata San Petesburgo, desde a inmundicia e os perigos das minas de carbón ata os candelabros luxosos dos palacios da aristocracia, pasando polos corredores da Casa Branca e o parlamento de Westminster, Ken Follet ofrécenos, na súa novela máis ambiciosa, un esmerado retrato dunha época e das paixóns que espolearon a vida dos seus personaxes.

1º-2º BAC

9788499893570


I Guerra Mundial
Gran Guerra
Revolución rusa
Século XX
Saga familiar
Clases sociais

82-N

Coa tecnoloxía Koha