En continua EVOLUCIÓN / Santiago Ginnobili
por Ginnobili, Santiago [autor/a]
; Ferro, Guido [ilustrador/a]
; Nicolás, Iago [tradutor/a]
.
Tipo: 




Este rexistro ten moitos ítems físicos (63). Faga clic aquí para velos todos.
A orixinal proposta estética de Guido Ferro combina imaxes inspiradas nos antigos libros científicos e ilustracións sorprendentes. Descritivas e humorísticas, reforzan o estilo actual e próximo deste libro informativo que pretende inculcar o interese e a curiosidade por parte das nenas e dos nenos cara á ciencia e a vida.
«En continua evolución» é un recoñecemento á figura e ao legado do naturalista Charles Darwin por sentar as bases do progreso científico formulando dúbidas, cuestionando as ideas establecidas e procurando novas respostas con audacia. Nun ton coloquial e directo que interpela as lectoras e os lectores animándoos a “viaxar, observar, apañar, saborear, tocar, cavar, gabear…” como auténticos investigadores, o epistemólogo Santiago Ginnobili achéganos ao pensamento darwiniano para entender quen somos e de onde vimos, destacando a beleza, a complexidade e a diversidade do mundo que habitamos. Porque este libro incide en que todos os organismos da Terra están emparentados a través dunha inmensa árbore da vida e que os seres humanos somos tan só unha pequena parte dunha gran familia.
3º-4º Primaria
5º-6º Primaria