Centauros do norte / Marcos Calveiro
por Marcos Calveiro.
Tipo: LibroSeries: Periscopio ;9.Editor: A Coruña :Rodeira (Grupo edebé) ,2011 Edición: Primeira edición, maio de 2011.Descrición: 134 páxinas ;13cm.Materia(s): Marcos Calveiro -- Autor -- Literatura en lingua galega | Centauros do norte | Lingua galega e literatura | Lingua e literatura en galego - Textos para escolares | Lingua e literatura en galego - Narrativa | Galego | Literatura Contemporánea en galego | Lingua e literatura -- Narrativa | Lingua e literatura galega (Literatura infantil e xuvenil) | Lingua galega | Galicia | Lingua e literatura galega | Literatura infantil e xuvenil -- Congresos e asembleas | Literatura infantil -- DidácticaTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CPI Manuel Suárez Marquier Sala préstamo | 82G CAL cen | 1 | Dispoñible | PEH004000012127 |
|
O AUTOR: Marcos Sánchez Calveiro, coñecido artisticamente como Marcos S. Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa o 13 de outubro de 1968, é un escritor e avogado galego. Neto de feirantes e taberneiros, reside coa súa parella e dous fillos en Vigo, onde traballa como avogado. Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gaña o premio Lazarillo cunha novela en galego.
SINOPSE: Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico. Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e unha moza india, Reina Huarte. Con eles, e coa súa inseparable trompeta, percorrerá o estado de Chihuahua entre emboscadas, trens e disparos polo deserto baixo o obxectivo da cámara dun novo director americano, Raoul Walsh. Unha aventura que marcará a Rafael para sempre e da que non coñeceremos o seu desenlace ata moito anos despois nun estudio de cine de Hollywood
Premio Raiña Lupa, ano 2010. Centauros do norte