Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Mimi e a xirafa azul : Naceu un irmán con discapacidades / Cécile de Visscher, María Ella Carrera

por Nuño, Fran; Toval, Alberto; Visscher, Cécile de [autor/a]; Walt Disney Company.
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Queres coñecerme?.Editor: A Coruña :Bahía ,2008 Edición: 1ª ed.Descrición: 45 p :il. cor ;21cm.ISBN: 9788496893764.Materia(s): Pais e fillos | Narrativa | Relacións familiares | África | Discapacidade | Inclusión | Valores: Respeto | AutoestimaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: A partir de 3 anos Mimi estaba desexando que nacera o seu irmanciño... pero, oh!... non sabía facer nada. Este conto vai especialmente dirixido a nenas e nenos que teñen irmáns con graves discapacidades. Notas para pais, nais e educadores O nacemento dunha filla ou fillo con discapacidade nunha familia é un acontecemento que ten repercusións importantes sobre todas e cada unha das persoas que forman esa familia: pai, nai, irmáns, avós... Mimi é un conto dirixido a nenos e nenas pequenas que teñen ou acaban de ter un irmán ou irmá con graves discapacidades. Intenta ilustrar a situación do seu nacemento desde a mirada do irmán. Con debuxos sinxelos pretende animalos a expresar o que poden sentir e vivir nesta difícil situación familiar: desconcerto, malestar, vergoña e rabia son algúns dos sentimentos que adoitan expresar as nenas e nenos de pouca idade cando falan da súa convivencia cun irmán ou irmá con graves discapacidades. Ofrece a pais e educadores un recurso para estimular ao neno a falar do seu irmán, falar do que sente ou vive nesa situación e fomentar a comunicación aberta sobre a discapacidade da irmá ou irmán. Aprender desde unha idade moi temperá a falar en familia de forma sinxela e aberta sobre un tema difícil, expresar e compartir sentimentos, se ben non resolve o problema, seguramente faino máis levadeiro. Tamén pretende transmitir unha visión positiva da discapacidade: lonxe de ser un impedimento, a discapacidade pode enriquecer as relacións e vivencias entre irmáns, tan fundamentais no crecemento e desenvolvemento de toda persoa.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CPI Manuel Suárez Marquier
Sala préstamo
82 VIS mim 1 Dispoñible PEH004000010022

De 0 a 6 anos (Azul)

A partir de 3 anos Mimi estaba desexando que nacera o seu irmanciño... pero, oh!... non sabía facer nada. Este conto vai especialmente dirixido a nenas e nenos que teñen irmáns con graves discapacidades. Notas para pais, nais e educadores O nacemento dunha filla ou fillo con discapacidade nunha familia é un acontecemento que ten repercusións importantes sobre todas e cada unha das persoas que forman esa familia: pai, nai, irmáns, avós... Mimi é un conto dirixido a nenos e nenas pequenas que teñen ou acaban de ter un irmán ou irmá con graves discapacidades. Intenta ilustrar a situación do seu nacemento desde a mirada do irmán. Con debuxos sinxelos pretende animalos a expresar o que poden sentir e vivir nesta difícil situación familiar: desconcerto, malestar, vergoña e rabia son algúns dos sentimentos que adoitan expresar as nenas e nenos de pouca idade cando falan da súa convivencia cun irmán ou irmá con graves discapacidades. Ofrece a pais e educadores un recurso para estimular ao neno a falar do seu irmán, falar do que sente ou vive nesa situación e fomentar a comunicación aberta sobre a discapacidade da irmá ou irmán. Aprender desde unha idade moi temperá a falar en familia de forma sinxela e aberta sobre un tema difícil, expresar e compartir sentimentos, se ben non resolve o problema, seguramente faino máis levadeiro. Tamén pretende transmitir unha visión positiva da discapacidade: lonxe de ser un impedimento, a discapacidade pode enriquecer as relacións e vivencias entre irmáns, tan fundamentais no crecemento e desenvolvemento de toda persoa.

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha