Premio Irmandade do libro 2013
Froito do interese pola literatura infantil, nos anos sesenta Gianni Rodari percorreu as escolas italianas «a contar contos e a responder as preguntas dos nenos. Porque, de feito, sempre hai un neno que pregunta Como se inventan as historias?, e merece unha resposta sincera». A través do contacto directo co alumnado, Rodari observa, conversa e toma apuntamentos, tentando descubrir os procedementos da arte de crear historias. Esta actividade será a base da súa obra teórica máis importante, «Grammatica della fantasia» (1973), que tomou forma nun encontro con docentes no que Rodari participou en 1972, convidado o Concello de Reggio Emilia.
5º-6º Primaria