A sorte de espertar / Xabier Alcalde
por Alcalde, Xabier [autor/a]
.
Tipo: 







Este rexistro ten moitos ítems físicos (162). Faga clic aquí para velos todos.
O VALOR DA AMIZADE NO DIFÍCIL E FASCINANTE TRÁNSITO DA ADOLESCENCIA
Esta narración sosegada e penetrante trata da amizade entre Aurora e Lidia, dúas rapazas que cursan o derradeiro curso de bacharelato e que vivirán xuntas un ano decisivo para as súas vidas. A familia, o instituto, as lecturas, a música, os amigos…, as experiencias cotiás son o marco no que se desenvolven as expectativas de vida, os soños e a angustia das dúas protagonistas, moi distintas nas súas formas de ser e na súa maneira de enfrontarse ó mundo e, asemade, fortemente unidas polo poder da amizade. Escrito con perspicacia e agarimo, A sorte de espertar é un relato que incita o lector novo a abordar con serenidade a incerteza e a confusión vital propias das etapas de transición. Este é o primeiro libro de Xabier Alcalde.
1º-2º ESO