O libro das Seniguais e do único Senigual / María Rosa Lojo
por Lojo, María Rosa [autor/a].
Tipo: LibroEditor: Vigo :Galaxia ,D. L. 2010 Edición: [1ª ed.].Descrición: [52] p. :fot. cor ;23 x 30cm.ISBN: 978-84-9865-319-9.Materia(s): Álbum ilustrado | IgualdadeRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Neste libro (con reminiscencias afastadas aos Cronopios e Famas de Cortázar, tan vencellado tamén a Galicia) a autora plantea un xogo lírico dunha estrema beleza arredor dunha especie (imaxinaria ou non, velaí un dos engados do libro), as seniguais, que existen por todo o mundo pero que teñen a súa orixe en determinadas figuras do imaxinario tradicional galego: as meigas, as bruxas, e as fadas dos bosques. Galicia aparece con moita forza no libro, ao arrancar a acción de Fisterra e ao estar protagonizada por unha nena, Isolina, de orixe galega. Concibido narrativamente dende un punto de vista circular, a historia remata volvendo de novo a Fisterra e a Galicia.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CPI Manuel Suárez Marquier Sala préstamo | 82LE LOJ lib | 1 | Dispoñible | LE | PEH004000006853 |
|
Uns seres moi especiais. Máis que un libro, unha obra de arte
Un suxestivo e curioso volume en formato álbum, dirixido a un público de todas as idades. A autora naceu na Arxentina e é filla dun galego republicano exiliado. Está considerada unha das voces literarias máis poderosas do mundo hispanoamericano e o seu vencello con Galicia vén de lonxe. No ano 2006 publicou en Galaxia A fin da terra.
Neste libro (con reminiscencias afastadas aos Cronopios e Famas de Cortázar, tan vencellado tamén a Galicia) a autora plantea un xogo lírico dunha estrema beleza arredor dunha especie (imaxinaria ou non, velaí un dos engados do libro), as seniguais, que existen por todo o mundo pero que teñen a súa orixe en determinadas figuras do imaxinario tradicional galego: as meigas, as bruxas, e as fadas dos bosques.
Galicia aparece con moita forza no libro, ao arrancar a acción de Fisterra e ao estar protagonizada por unha nena, Isolina, de orixe galega. Concibido narrativamente dende un punto de vista circular, a historia remata volvendo de novo a Fisterra e a Galicia.
1º-2º ESO
3º-4º ESO